sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsSucesosO Xulgado ordena o arquivo da causa polo crime de Déborah

O Xulgado ordena o arquivo da causa polo crime de Déborah

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 2 de Tui acordou o sobresemento e arquivo provisional do caso no que se investigaba a morte desta moza viguesa de 22 anos cuxo cadáver foi atopado o 10 de maio de 2002 nunha cuneta da marxe dereita da estrada C-550.

O ADN atopado no corpo da moza non coincide co da súa ex parella.A xuíza explica no auto, notificado este venres 14 de xuño, que o acervo probatorio solicitado contra o único investigado “non é suficiente para facer unha imputación verosímil dun feito delituoso concreto”, aos efectos de incoar o procedemento ante o Tribunal do Xurado, conforme dispón o artigo 24.1 da Lei Orgánica 5/1995 do Tribunal do Xurado. Desta forma, conclúe que “non constan indicios plurais e contundentes” para a devandita imputación.

Na resolución, destaca que “nin os testemuños solicitados, nin a práctica da exhumación do corpo da vítima, nin a inspección dun cofre conxelador propiedade no seu día do investigado”, produciron “ningún resultado positivo para a investigación”, como tampouco o fixo a análise do móbil utilizado pola vítima que foi atopado en dependencias policiais. Outra das cuestións que foi analizada, segundo sinala no auto, foi a suposta manipulación e borrado dun disco duro utilizado pola nova. Tras a investigación practicada, considera que non se acreditou que o borrado fose “intencionado e masivo”.

A maxistrada insiste en que todo o investigado, tal e como sostén o Ministerio Fiscal, “permite elaborar hipótese, pero a exposta pola acusación particular parte dunha inferencia demasiado aberta, no sentido de que cos mesmos indicios poden alcanzarse tamén outras conclusións alternativas que impiden que a exposta e defendida poida darse por probada”. O auto non é firme, pois contra el cabe presentar recurso.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS