viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsSucesosUn axente resulta ferido mentras colaboraba na extinción dun lume en Tui

Un axente resulta ferido mentras colaboraba na extinción dun lume en Tui

O home caeu dunha altura duns 4 metros, e aínda que estaba consciente, foi evacuado en ambulancia ao PAC de Tui debido a que presentaba diversos cortes

Eran as 23.30 horas da noite deste domingo cando o 112 Galicia recibiu o aviso por parte da Garda Civil indicando que se reavivara o lume dunha casa abandonada que ardera fai dous días en Tui.

Decontado, pasouse o aviso aos Bombeiros de Baixo Miño e aos efectivos de Protección Civil de Tui, que se desprazaron ata a Avenida de Portugal para levar a cabo as tarefas de sufocación do lume. Tempo despois, os axentes da Garda Civil contactan de novo cos xestores do 112 Galicia solicitando asistencia sanitaria para un axente que, mentras estaba traballando no lugar, caera no soto da vivenda. Deste modo, e para prestarlle asistencia sanitaria ao ferido, desde o 112 Galicia pasouse o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que desprazaron unha ambulancia ata o punto para evacuar ao ferido ao PAC de Tui.

Con todo, aínda que o lume foi extinguido, a vivenda quedou precintada de xeito preventivo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS