sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsComarcasMos, fóra da incidencia de risco da COVID-19

Mos, fóra da incidencia de risco da COVID-19

A incidencia do concello da Louriña sitúase agora entre 75 e 125 positivos por 100.000 habitantes nunha semana ao baixar ata os 17 casos.

Segundo a última actualización de Sanidade, en Mos son 13 casos menos que onte os que se diagnosticaron nunha semana no concello. Así, coa perspectiva de 7 días, a incidencia sae da zona de risco. Pola súa banda, Oia súmase ás localidades libres de COVID-19 e en Tomiño o virus deixou de circular entre a veciñanza nunha semana. A incidencia baixa, tamén, nos concellos de Redondela e O Porriño.

Mos conta con 17 positivos en COVID-19. Isto é, 13 menos que na anterior xornada. Deste xeito, a incidencia do municipio pasa de achegarse aos 250 casos, incluso de superala en anteriores actualizacións, por cada 100.000 habitanes a situarse entre os 75 e 125 contaxios por cada 100.000 habitantes nunha semana, fóra da zona considerada de risco. Cómpre lembrar que Mos é un dos concellos que se atopan coa hostalería pechada por mor do nivel máximo de restricións.

A incidencia máis alta rexistraa o concello de Soutomaior ao superar os 125 positivos por cada 100.000 habitantes nunha semana mais sitúase no abano dos 1-9 casos.

En Tomiño o virus deixou de circular entre a veciñanza durante unha semana e súmase así a Tui, Salceda de Caselas, As Neves, Pazos de Borbén e Fornelos como os municipios nos que ningún veciño nin veciña deu positivo en COVID-19 en 7 días. Con todo, manteñen casos coa perspectiva de 14 días.

Os que si se atopan libres da COVID son os concellos da Guarda, A Cañiza, Covelo, Mondariz Balneario e, logo desta última actualización, inclúese ao municipio de Oia.

A incidencia baixa en Redondela e no Porriño pois non superan arestora os 25 casos por 100.000 habitantes en sete días. A mesma situación epidemiolóxica que Baiona, O Rosal, e Mondariz.

Gondomar, Arbo e Vigo mantéñense entre os 25 e os 75 contaxios por cada 100.000 habitantes nunha semana. Só a cidade olívica supera o abano dos 1-9 casos con 110. Ponteareas e Nigrán presentan a incidencia máis baixa que contempla Sanidade con menos de 10 positivos por 100.000 habitantes en 7 días.

Falece unha muller de 59 anos en Povisa con COVID-19

O SERGAS notifica o falecemento dunha muller de 59 anos en Povisa con COVID-19. A muller presentabal patoloxías previas, segundo Sanidade. Así, son 437 as persoas que perderon a vida co virus dende o inicio da pademia na Área Sanitaria de Vigo.

Amáis, a área baixa dos 600 casos activos e rexistra 574. Isto é, 61 menos que onte. Baixa a presión hospitalaria con tres pacientes menos ingresados en camas convencionais ata os 10 e nun menos nas UCI ata os 4.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS