lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasCarballiño400 patinadores de Galicia e Asturias danse cita no Carballiño

400 patinadores de Galicia e Asturias danse cita no Carballiño

Celébrase este sábado, 15 de xuño, a cuarta edición do Trofeo Terras do Orcellón de grupos show de patinaxe artística

O evento organizado polo Club Aehde conta ca participación de 18 clubs galegos e dous chegados dende Asturias. Será a partir das 16.00 horas no pavillón Paco Chao.

En total, serán 10 categorías diferentes nas que se celebre competición, tomando o club anfitrión parte en dúas: grupos pequenos de iniciación, para aqueles que están empezando nesta modalidade, e grupos pequenos promocionais, onde o show da entidades carballiñesa leva tres anos subido no podio no campionato galego da especialidade.
Pola mañán celebraranse os adestramentos oficiais de todos os equipos e ás catro da tarde comenzará a competición que será puntuada por xuíces da Federación Galega de Patinaxe. A entrega de trofeos está prevista para as oito do serán.

O domingo, gala fin de curso das escolas
E para rematar a fin de semana, o domingo o Club Aehde organiza a tradicional Gala Fin de curso das súas escolas. Será a partires das 17.30 horas, na cancha central do Paco Chao, con clubs convidados e con toda a estructura do Aehde, dende as escola ao equipo de competición.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS