viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeUnha cátedra estudará o impacto dos factores ambientais na saúde

Unha cátedra estudará o impacto dos factores ambientais na saúde

Antonio Gómez Caamaño, xunto co reitor, o director da cátedra, e a directora xeral de Saúde Pública, asistiu ao acto de presentación no Colexio Fonseca

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, puxo en valor a creación da Cátedra de Saúde Ambiental, da que destacou que “contribuirá a medir con precisión o impacto crecente dos factores ambientais na saúde pública”. O titular da carteira sanitaria do Executivo galego interveu no acto de presentación institucional desta Cátedra no Colexio Fonseca, acompañado polo reitor da USC, Antonio López; polo director da Cátedra, Alberto Ruano; e pola directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán.

Gómez Caamaño subliñou que a creación desta Cátedra se aliña totalmente cos obxectivos da propia Consellería de Sanidade, “que pasan pola prevención, a promoción e a protección colectiva da saúde da cidadanía galega” e o desenvolvemento de programas nesta materia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS