O accidente rexistrado nunha saída/entrada da A-55 entre Porriño e Mos provocou retencións quilométricas e saldouse con dúas persoas trasladadas polos servicios sanitarios.
Actualizado ás 15.30 horas
O 112 Emerxencias Galicia confirma de que se trata dunha colisión por alcance na que se viron implicados, nun primeiro momento dous camións e finalmente tres. Ante a posibilidade da existencia de persoas feridas mobilizouse a un equipo de urxencias sanitarias, dende o cal confirmaron, posteriormente, que dúas persoas tiveran que ser trasladadas.
O que si provocou foron grandes retencións de vehículos que veñen dende Tui en dirección Vigo, así como aqueles que dende o caso urbano do Porriño queren acceder a autovía.
O sinistro produciuse sobre as 9 desta mañá no punto no que conflúe unha saída e unha entrada: a saída da A-55 cara a A-52 e N-550 e a entrada dende o centro do Porriño á A-55 en dirección Vigo.
Dende o 112 Galicia mobilizouse á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local de Mos, aos Servizos de Emerxencia de Mos e aos Bombeiros do Baixo Miño e Vigo. Para manter e restablecer a seguridade da vía, dende o CIAE-112 tamén se informou ao Centro de Xestión de Tráfico e aos servizos de mantemento da estrada.
Foi preciso un gindastre para retirar os materiais dos vehículos danados. Pasadas ás 13.00 horas foi restablecido o tráfico e circulábase xa con normalidade.