viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeRod Steward actuará na Coruña o 15 de decembro

Rod Steward actuará na Coruña o 15 de decembro

O cantante vén de incorporarse ao cartel de O Gozo Festival 2024 co concerto que realizará no Coliseum da cidade herculina.

Así o anunciou o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, durante a presentación da nova oferta musical desta iniciativa que conta co apoio da Xunta de Galicia.

O artista londinés, con máis de 250 millóns de discos e singles vendidos na súa carreira musical, chegará a Galicia da man deste festival que, ademais, ten programadas distintas opcións durante este ano en diferentes cidades galegas a cargo de reputados artistas internacionais.

Este ano están xa programadas sete datas en distintas cidades con máis de 20 artistas confirmados como Queens of Stone, que actuará o vindeiro 18 de xuño na Coruña, ou Maná o 27 de xuño na mesma cidade. O vindeiro 6 de xullo será a quenda de Ed Sheeran no Monte do Gozo, acompañado, entre outros de Bomba Estéreo ou Fillas de Casandra. Tamén está programada unha xornada de música electrónica no mesmo escenario ou o concerto de Loreena McKennit no Auditorio Mar de Vigo.

Nestes momentos hai máis de 52.000 entradas vendidas para o inicio da programación con público confirmado de Uruguay, Finlandia, México, Arxentina, Irlanda ou Xapón.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS