Durante o acto de entrega destes distintivos de carácter internacional que concede a Asociación de educación ambiental e do consumidor (Adeac), a conselleira puxo en valor que Galicia concentra case unha de cada cinco bandeiras concedidas en España (638) e consolida a súa posición entre as tres comunidades que reciben un maior número de distintivos para as súas praias, xunto con Valencia (que suma 138) e Andalucía (130).
Vázquez incidiu en que estes recoñecementos poñen en valor a costa, o patrimonio natural e a imaxe turística da Comunidade como destino sustentable e de calidade.