Cunha distancia de 16 quilometors, o Descenso do Miño terá dous puntos de saída: Os Peares e Barra de Miño, ás 11.30 horas. A chegada será na Batundeira, en Velle, sobre as 12.30 horas.
O evento está organizado polo Club Piragüismo Ourense, e conta coa colaboración do Concello de Ourense, onde foi presentado nun acto no que participaron Aníbal Pereira, tenente de alcalde e presidente do Consello Municipal de Deportes, Manuel Fernández, presidente do club ourensán e José Manuel Fernández, delegado provincial de piragüismo.