viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasAsí será o novo espazo público no corazón do Porriño

Así será o novo espazo público no corazón do Porriño

O Concello do Porriño deu un paso máis na humanización da contorna do centro social que acondicionará as rúas Antonio Palacios, Domingo Bueno, Ramón González e Pío XII creando un gran espazo público.

A plataforma de Contratos Públicos de Galicia publicou ya a licitación da primeira fase do proxecto cun orzamento base de 1.140.709,52 euros, que con IVE ascende a case 1,4 millóns de euros.

Este proxecto consiste na creación dun gran espazo público pensado para dar prioridade á mobilidade peonil e máis importancia ás zonas verdes, ao tempo que se limita o paso de vehículos. Para conseguilo está prevista a creación dun espazo contínuo, accesible e verde, no que se mellorará a comunicación peonil entre o centro urbano e a rúa Pío XII, crearanse novas zonas de convivencia baixo a sombra de novas especies arbóreas e buscarase a apertura da contorna do centro social coa rúa e o parque, ademais de executarse a renovación integral da zona de ocio infantil. Ao mesmo tempo, na calzada de Pío XII renovaranse todas as redes de servizos e dotarase dunha plataforma única que conecte coa nova zona verde da contorna, reducirase o tráfico e a súa velocidade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS