O alcalde da Cañiza, Luis Piña, cualifica este anuncio como «un dos máis importantes porque aposta polo afianzamento da poboación».
3.600 vivendas da Cañiza terán conexión de fibra óptica. Deste xeito, pasarase dun 0% de cobertura a un 63& no municipio entre 2021 e 2022 chegando ao 100% entre 2023 e 2024.
Neste senso, o rexedor, Luis Piña, explica que o anuncio de Telefónica dos despregamentos de fibra na Cañiza «é un fito tan importante como que hai 40 anos houbera viais de conexión no municipio». É unha aposta, amáis, asegura Piña «polo afianzamento da poboación».
Os veciños e as veciñas terán as mesmas oportunidades dixitais, entón, «que a cidadanía urbanita doutras cidades de España ou do mundo», explica Piña.
O alcalde, Luis Piña, cualifica esta aposta pola fibra no concello como un dos elementos fundamentais da lexislatura. O plan consistirá en apagar a rede e a central de cobre e substituíla por rede de fibra. Os traballos xa comenzaron.
Podes escoitar a entrevista completa, aquí: