lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsActualidadeA Xunta reivindica ao Goberno central un servizo de trens que cubra...

A Xunta reivindica ao Goberno central un servizo de trens que cubra as necesidades dos galegos

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reivindicou no Pleno do Parlamento de Galicia un transporte ferroviario digno con servizos á altura das necesidades dos galegos e galegas.

Calvo instou ao Goberno central a materializar os compromisos adquiridos con Galicia nesta materia que “non se están a cumprir”. En concreto, referiuse á posta en marcha dos trens Avril -con dous anos de retraso- que incumpren o incremento de frecuencias, de prazas e de redución de tempos de viaxe prometidos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS