Esta iniciativa ofrece unha ampla variedade de actividades deportivas destinadas a nenos/as e mozos/as, co obxectivo de fomentar a práctica do deporte, promover hábitos saudables e proporcionar diversión durante os meses de xullo e agosto.
Ofértanse voleibol, natación, padel e piragüismo. Para máis información e inscricións as persoas interesadas poden contactar a través do correo electrónico piscina@allariz.gal ou chamando ao teléfono 988 442 083. Tamén poden dirixirse directamente á Piscina Municipal de Allariz.