sábado, noviembre 23, 2024
InicioO PaísOurenseTouriñán dará o pistoletazo de saída a cinco días de festa en...

Touriñán dará o pistoletazo de saída a cinco días de festa en Ourense

O cómico e actor Xosé Antonio Touriñán lerá o pregón das Festas de Ourense 2024 o vindeiro mércores 19

A oferta musical inclúe a Celtas Cortos, Golden Jazz, A Banda da Balbina, Coleguitas e a Coral de Ruada, e as orquestras La Fórmula, Costa Verde, ASSIA, América, Função Públika e París de Noia

Incorpóranse como novidades a Festa das Cores e unha xincana xigante para a rapazada e dáse continuidade a actividades como a Festa de Fin de curso, entre outras propostas.

Consulta toda a programación aquí:

Mércores, 19 de xuño
Arrinca o Mercado Medieval, no Centro Histórico, con diferentes representacións ao longo de cada xornada. Desde o mércores até o domingo
Abren ao público as barracas para a rapazada, que permanecerán até o domingo no Parque do Barbaña.
21.00 horas. Pregón de Touriñán, na rúa do Progreso (Alameda)
21.30 horas a 0.30 h. Orquestra La Fórmula, na rúa do Progreso (Alameda)

Xoves, 20 de xuño
16.30 a 20.30 horas. Mega Xincana (de 180 metros) para a rapazada no Xardín do Posío. Actividade gratuíta, de xoves a domingo polas tardes, e tamén os sábados e domingos pola mañá (de 11 a 14.00 h)
21.00 a 22.30 horas. Golden Jazz, na rúa Santa Eufemia
21.00 a 00.00 horas. Orquestra Costa Verde, na rúa do Progreso (Alameda)
00.00 a 03.00 horas. Grupo ASSIA, na Praza Maior

Venres, 21 de xuño
21.00 horas. A Banda da Balbina, na rúa Santa Eufemia
21.30 a 00.00 h. Grupo América, na Praza Maior
22.00 a 03.00 horas. MEGA DJ Fin de Curso, na rúa Pardo de Cela, xunto ao Pavillón dos Remedios
00.00 a 01.40 horas. Celtas Cortos, na rúa do Progreso (Alameda)

Sábado, 22 de xuño
20.00 a 21.30 horas. Festa das Cores, para público de todas as idades, no Parque de Barbaña
21.00 a 23.00 horas. Coleguitas, na Praza Maior
22.30 a 1.30 horas. Função Públika, na rúa do Progreso (Alameda)
00.30 a 03.30 horas. Orquestra Combo Dominicano na rúa Pardo de Cela

Domingo, 23 de xuño
20.00 horas. Coral de Ruada, na rúa Santa Eufemia
21.00 a 23.40 horas. Orquestra París de Noia, na rúa do Progreso (Alameda)
23.59 horas. Fogos artificiais, na marxe do Miño

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS