miércoles, noviembre 27, 2024
InicioComarcasCarballiñoO polbo do Carballiño vén cargado de euros

O polbo do Carballiño vén cargado de euros

Un dos pratos estrela da gastronomía galega protagoniza o Cupón da ONCE do vindeiro sábado 15 de xuño, que sortea un premio de 5.000 euros ao mes durante 20 anos e 300.000 euros ao contado.

O polbo á feira é o protagonista do cupón da ONCE do sábado, 15 de xuño, pertencente á serie ‘El cupón se va de tapas’. Cinco millóns de cupóns están a levar por toda España este prato da gastronomía de Galicia que, curiosamente naceu fai máis de 400 anos nunha localidade sen mar, no Carballiño.

A serie ‘El cupón se va de tapas’ iniciouse o pasado mes de xaneiro e con ela a ONCE quere compartir coa cidadanía aquelas tapas típicas de cada comunidade autónoma e Ceuta e Melilla, e ilustrar cada cupón con aquela tapa que sexa máis representativa.

O «Sueldazo del Fin de Semana de la ONCE» ofrece, todos os sábados e domingos, un premio principal ás cinco cifras e serie de 300.000 euros, máis 5.000 euros ao mes durante 20 anos consecutivos a un solo cupón, e premios de 2.000 euros ao mes durante 10 anos consecutivos a outros catro cupóns.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS