viernes, octubre 18, 2024
InicioNewsActualidadeAs políticas de retorno, claves para afrontar o reto demográfico e aumentar...

As políticas de retorno, claves para afrontar o reto demográfico e aumentar a competitividade 

O presidente da Xunta resalta o éxito da Estratexia Galicia Retorna, dotada de 450 millón de euros, que logrou que a comunidade gañe habitantes nos últimos anos

Alfonso Rueda destacou as políticas de retorno coma unha ferramenta clave para “aproveitar o talento con raíz galega que hai polo mundo”, afrontar o reto demográfico e aumentar a competitividade de Galicia.

Durante o acto de entrega dos diplomas aos bolseiros de másteres universitarios e Formación Profesional BEME (Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior) que este ano ampliaron a súa formación en Galicia, salientou o éxito da Estratexia Galicia Retorna, que consta dun cento de medidas coas que se busca facilitar o regreso de 30.000 galegos do exterior, e que está servindo de exemplo para outras autonomías.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS