sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsActualidadeA Xunta pon en marcha un plan de formación, asesoramento e titorización...

A Xunta pon en marcha un plan de formación, asesoramento e titorización para o agro

A conselleira do Medio Rural anunciou esta medida no Parlamento, nunha comparecencia a petición propia para explicar as liñas xerais do seu departamento

María José Gómez enmarcou esta novidosa medida no eixo a prol dun rural con futuro, que constitúe, tal como subliñou, un dos tres piares do seu traballo á fronte de Medio Rural. Os outros dous son o traballo por un rural produtivo e coidado, por un lado, e o por un rural como sinónimo de calidade e de innovación, por outro.

Axilizar os procesos abertos de mobilización de terras
En relación con outra norma xa en desenvolvemento -a de recuperación da terra-, a conselleira puxo en valor as súas ferramentas para mobilizar terra, tales como os polígonos agroforestais, as aldeas modelo ou as permutas. Recordou tamén a importancia de instrumentos coma o Banco de terras ou as concentracións e reestruturacións parcelarias e avogou por seguir axilizando os procesos abertos e impulsándoos cun claro enfoque de utilidade.

Rural sinónimo de calidade e innovación
Sobre o segundo piar das liñas estratéxicas da Consellería, un rural sinónimo de calidade e innovación, María José Gómez reafirmou o apoio da Xunta ao bo facer dos produtores, a través de medidas como as diferentes axudas públicas ao sector, o respaldo ás razas autóctonas ou a aposta pola mellora xenética ou a sanidade animal e vexetal.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS