domingo, septiembre 8, 2024
InicioActualidadeMedio AmbienteA Xunta licita por 1,3 millóns de euros a segunda fase do...

A Xunta licita por 1,3 millóns de euros a segunda fase do Plan de saneamento de Galicia

O contrato ten como obxectivo facilitar avances no estado da rede coa que conta a comunidade e optimizar o aproveitamento dos recursos hídricos galegos.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, salientou que este plan xa está moi avanzado. De feito, xa se completou a primeira fase dos traballos, na que se analizaron os sistemas de depuración existentes no territorio e se fixo unha diagnose das necesidades. E esta segunda fase incluirá a creación do rexistro oficial de aglomeracións urbanas de Galicia -en aplicación da lei galega do ciclo da auga- e adaptará tamén a estratexia a seguir ao disposto na nova directiva de augas residuais europeas, que se aprobará previsiblemente este ano.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS