viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsSucesosUn maxistrado da Coruña dita unha sentenza pioneira

Un maxistrado da Coruña dita unha sentenza pioneira

Ordena o comiso dos case 31.000 euros intervidos en 2014 a unha persoa que fuxiu para evitar ser xulgada por tráfico de drogas.

O maxistrado do Xulgado do Penal número 3 da Coruña emitiu unha sentenza pioneira no partido xudicial na que aplica o procedemento do comiso autónomo, que se leva a cabo cando, a pesar de que existira un asunto penal que daría lugar ao comiso de bens, non se ditou unha sentenza condenatoria como consecuencia da fuga ou enfermidade do responsable penal. O que se pretende, tal e como indica na resolución, é “facer posible a expropiación dos bens procedentes da actividade delituosa, a pesar de que non poida ser xulgado e condenado por iso ao falecer, atoparse rebelde ou incapacitado para comparecer no proceso”.

Neste caso, o xuíz acordou o comiso dos 30.980 euros que lle interviñeron en 2014 a unha persoa á que non xulgaron por estar en rebeldía, unha cantidade que considera acreditado que procede do tráfico de drogas. Por iso, rexeitou devolverlle eses cartos e decretou a súa adxudicación definitiva ao Estado para a súa integración no fondo de bens comisados por tráfico ilícito de drogas e outros delitos relacionados. “A única razón pola que non se condenou ao demandado foi pola súa situación de rebeldía procesual e posterior prescrición do delito, pero non porque non abundasen as dilixencias de proba que lle situaban na cúspide da operación e da organización”, recalca.

Na sentenza, o maxistrado lembra que a demanda de comiso autónomo non está suxeita ao prazo de prescrición do delito. “O único efecto que ten o transcurso do tempo é a extinción da responsabilidade criminal”, afirma o xuíz, á vez que sinala: “Sábeo ben o propio demandado, que estivo en rebeldía subtraído á acción da xustiza xusto ata que transcorreron os cinco anos que impedirían a súa condena”. Na resolución incide en que a lei “fai compatible a exención de responsabilidade criminal coa acción de comiso”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS