Inicialmente a Xunta tiña previsto facer «verbenas piloto» o 19 de xuño en cinco localidades galegas pero o conselleiro de Cultura anunciou que serán previsiblemente nunha máis, en seis, para dar así maior cobertura de proba a todo o territorio.
O conselleiro de Cultura:
A Xunta ensairá o sábado 19 o funcionamento do protocolo que rexerá a desescalada do sector cultural no país, coa previsión de que as verbenas poidan regresar en xullo aos pobos galegos.
Un regreso de concertos, verbenas, romarías, festas patronais e festivais de música, «progresivo» despois de varios meses nos que se tiveron que cancelar ou reprogramar no seu formato pola pandemia.
O protocolo contempla dous formatos segundo o número de asistentes: Por unha banda, os espectáculos de pequeno ou medio formato, cun máximo de mil espectadores, e por outro, os de gran formato, cun tope de público inicial de 5.000 persoas, pero que recintos de gran aforamento, como pode ser o Monte do Gozo, en Santiago, ou estadios de fútbol, poderíase ampliar até as 10.000.
En canto aos pequenos e medianos eventos, como verbenas, romarías, festas patronais ou pequenos festivais e concertos, o aforamento será dun terzo das instalacións e será necesario un espazo de tres metros cadrados por persoa. Os asistentes poderán estar de pé e non poderán consumir nin comida nin bebida, terán que estar sempre con máscara e respectando unha distancia mínima entre persoas. A cambio poderase bailar, pero xuntos só convivientes.
En calquera caso, estes eventos terán que ser ao aire libre e teranse que respectar unhas normas comúns, como levar un rexistro de asistentes, reserva de entradas, controis de acceso e saída, distancias de seguridade interpersoal, medidas hixiénico-sanitarias e uso de máscaras.
Máis de 5.000 persoas
Nos eventos de gran formato, o aforamento permitido será do 50% do total das instalacións. Os asistentes terán que permanecer sentados e situaranse en grupos burbulla, permitíndose a agrupación de até seis, cunha distancia de seguridade dun metro e medio entre as cadeiras. Estará permitido comer e beber e cada sector burbulla contará con entradas e saídas independentes.