viernes, noviembre 22, 2024
InicioActualidadeMedio AmbienteO medio mariño, clave na loita contra o cambio climático

O medio mariño, clave na loita contra o cambio climático

A Xunta considera fundamental a colaboración institucional e público-privada para avanzar no coidado dos océanos e da súa biodiversidade pois son un elemento clave na loita contra o cambio climático e para garantir o futuro do conxunto do planeta.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou as instalacións da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) coincidindo coa celebración do Día Mundial dos Océanos, onde destacou o intenso labor que realiza esta entidade a prol da investigación e a divulgación sobre os mamíferos ou as tartarugas mariñas presentes no litoral galego en beneficio de toda a cidadanía.

Ángeles Vázquez lembrou que o ecosistema mariño xera o 50 % do osíxeno do planeta e absorbe o 30 % do dióxido de carbono que se produce nel, polo que se converte nun gran aliado na loita contra o quecemento global.

Persoal da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) explicou o seu día a día e a importancia dos axentes cos que colaboran. Destacan que son capaces de devolver o 70% dos animais que ingresan na UCI de novo ao mar.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS