viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeOs equipos batracio, pioneiros na loita contra incendios forestais

Os equipos batracio, pioneiros na loita contra incendios forestais

A Xunta de Galicia destaca o carácter pioneiro dos equipos batracio de prevención de incendios, ideados e desenvolvidos polo persoal propio

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, destacou o carácter pioneiro dos equipos batracio de loita contra o lume forestal cos que conta a Xunta e salientou tamén que “foron ideados e desenvolvidos polo propio persoal do servizo galego de prevención e defensa contra incendios (SPIF)”. A conselleira puxo de relevo que estas unidades batracio -a Xunta dispón dun total de 14 destes vehículos- teñen unha gran utilidade en tarefas preventivas, xa que garanten unha maior eficacia e versatilidade para moverse polo monte.

Gómez fixo esta reflexión na súa visita aos profesionais do distrito forestal VII (A Fonsagrada-Os Ancares), cos que compartiu unha xornada de demostración desta unidade, formada por tractor, cisterna, trituradora multifunción e polidozer –lámina multifunción–.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS