domingo, noviembre 24, 2024
InicioComarcasLouriñaO SERGAS detecta 6 positivos no cribado de Mos

O SERGAS detecta 6 positivos no cribado de Mos

A porcentaxe de participación foi do 54,9%.

O SERGAS vén de detectar 6 persoas asintomáticas con COVID-19 no cribado que levou a cabo en Mos este mércores. Estaban convocados un total de 4.980 veciños e veciñas do municipio dos cales, acudieron o 54,9%.

Debido ao alto número de contaxios que se rexistran na localidade, superando os 250 casos por 100.000 habitantes nunha semana, Sanidade puxo en marcha un cribado na localidade que se realuzou no Pavillón Municipal Óscar Pereiro este mércores .

Amáis, para intentar atallar o avance do virus, este sábado as profesionais do SERGAS desprazaránse ata ao parking inferior do centro Leroy Meril de Mos, de 9:00 horas ata as 14:00 hora e ao Gadis, tamén na zona de parking, no mesmo horario para realizar senllos cribados. O obxectivo é detectar persoas asintómaticas que espallan a COVID-19 sen decatarse.

Dende o concello, animan á toda a poboación «que así o desexe ou que acuda a realizar as súas compras este sábado que aproveite pra participar neste novo cribado tan importante para poder saír do nivel máximo de restricións canto antes».

Cómpre lembrar que esta media noite Mos entra no nivel máximo de restricións polo que non está permitido nin entrar nin saír do municipio agás por causas xustificadas.

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS