Toda a tripulación do “Playa Zahara Dos” foi rescatada por outro buque propiedade dun resort turístico da zona, empregado para trasladar a turistas entre distintas illas. O pesqueiro galego quedou semisomerxido logo de encallar nun banco de area.
Fiyi é un arquipélago de máis de 300 illas situado no sur do océano Pacífico Sur, cuxa capital e cidade mais poboada é Suva.
O subdelegado do goberno en Pontevedra, Abel Losada, celebrou que a tripulación estea «ben». Dos seus 19 tripulantes, dixo que unha parte son cidadáns españois, incluído o capitán. Ademais, explicou que o buque non chegou a afundirse de todo, xa que tocou fondo nun atalón e quedou varado, aínda que se abriu unha vía de auga e escorouse.
Tamén o Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, celebrou o rescate dos 19 tripulantes do pesqueiro galego. Segundo recolle a Xunta nun comunicado, Villares púxose en contacto coa armadora do buque para interesarse polo ocorrido, expresando o seu alivio ao coñecer que todos os mariñeiros foran rescatados e se atopaban en bo estado. Ademais, trasladou a disposición do Goberno galego para colaborar no que fose preciso co obxectivo de axilizar a volta a casa da tripulación
A salvo toda a tripulación do barco vigués fundido nas illas Fiyi
Un buque dun resort da zona acudiu ao lugar do naufraxio, a unhas 34 millas de Suva, para salvar aos 19 mariñeiros