lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoTui acolle un parladoiro sobre a importancia do mar na cultura galega

Tui acolle un parladoiro sobre a importancia do mar na cultura galega

É unha actividade complementaria da mostra «Inventi mundi», que pode visitarse en Tui ata o próximo 9 de xuño.

O próximo mércores, 2 de xuño ás 20 horas, a Sala de Exposicións da Área Panorámica de Tui acollerá un parladoiro que pretende afondar na relación entre o mar e a cultura galega. Nela participarán os escritores Víctor Freixanes, Pemón Bouzas e Ramón Nicolás.

É unha das actividades complementarias da mostra “inventio mundi”, que permite achegarnos a figuras relacionadas coas descubertas e viaxes transoceánicas protagonizadas por galegos. Nomes como o tudense Sebastián de Ocampo, o primeiro que demostrou o carácter insular da illa de Cuba en 1508, ou o do grumete Juanes Hernández, tripulante da nao Concepción na expedición de Magalhaes.

Exposición «Inventi mundi»

“Inventio mundi” é unha mostra que recolle unha parte da historia de Galicia que se descoñece, que permaneceu practicamente invisibilizada e da que existen poucos documentos e materiais. De feito, unha das grandes fortalezas desta mostra está no relato, en explicar en pouco máis de trinta paneis unha historia da navegación galega que arranca nese interese comercial coas Illas Molucas e remata no século XVII, cando mudan as formas de navegación. Pero tamén está en recoñecer esa historia de navegación que chegou ata os nosos días a través do imaxinario popular e que recolle a nosa literatura. A mostra xestouse en 2019 en plena conmemoración do quinto centenario da saída da expedición Magalhães/Elcano que completaría a primeira circunnavegación do planeta e as súas consecuencias para Galicia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS