lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasLouriñaFormación para novas insercións laborais en Mos

Formación para novas insercións laborais en Mos

Unha empresa asentada no polígono da Veigadaña contratará a 40 persoas proceso para o cal recorreu á Axencia de Colocación e ao Programa Integrado de Emprego do Concello

Trátase da empresa Frialia Logística (antes Frioya), que estrea novas instalación no Parque Empresarial PEMOS Veigadaña. Do proceso de selección encárgase a Compañía Estibadora Marítima S. C. Galega (Cesmar) que onte impartiu a formación previa á incorporación ao posto de traballo aos 11 primeiros traballadores contratados, destinados á campaña do calamar.
En total contrataranse a un total de 40 persoas para traballar na nova pranta de Frialia en Mos. Estes 11 primeiros terán unha contratación inmediata e prevese que se incorporen aos seus postos nas vindeiras semanas, concretamente durante a primeira quincena de xuño.
Os postos que se cubrirán irán desde os de descarga de contedores ata carga, carretilleiros, operarios básicos, xestión de pedidos, etiquetado, elaborados, produción/elaboración, etc.
O ciclo formativo previo á incorporación aos 11 traballadores da campaña do calamar, impartido nas instalacións da Axencia de Colocación do Concello de Mos incluíu formación en riscos laborais, descrición das novas instalacións de Frialia na Veigadaña, información sobre horarios e EPIs e presentación formal entre os compañeiros. Durante o mesmo estivo presente tanto o propio xerente de Cesmar, José Manuel Alfonso González, como unha técnico en Prevención de Riscos Laborais.
As novas instalacións da empresa frigorífica Frialia no polígono da Veigadaña constitúen un edificio industrial-complexo frigorífico.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destaca neste senso que “o feito de que Frialia teña elixido Veigadaña como localización para asentarse tradúcese nunha realidade de crecemento empresarial e económico para o noso Concello e na creación de postos de traballo, por iso lle agradecemos á empresa que apostasen por Mos para levar adiante este proxecto. Somos un Concello resolutivo, territorio de oportunidades que se seguen a facer visibles”.

Novas instalacións

O solar no que se asenta Frialia é o resultado da agrupación das parcelas C02, C03, C04 e C05 do Parque Empresarial de MOS (PEMOS), Polígono Industrial A Veigadaña. A actividade a desenvolver por Frialia inclúe o almacenamento de europalets de 1.000 kg e de ata 2100 mm de altura a temperatura negativa. O almacenamento realizarase combinando rack fixo e robotizado (bases móbiles) en prol de optimizar o rendemento volumétrico e a eficiencia da instalación.
A parcela ten 12579.24 m2 edificados, e 126 prazas de aparcamento das cales se proxectaron 96 prazas de aparcamento no interior da parcela.
É edificio industrial especializado en loxística de produtos (alimentarios) conxelados e refrixerados. Consiste nun conxunto de naves industriais encostadas e comunicadas entre sí, de maneira que exteriormente a imaxe é dun único edificio homoxéneo e illado na parcela. Cada unha destas naves destínase a un uso específico propio da actividade para desenvolver.
O edificio ten unha única planta sobre rasante, excepto na zona de oficinas onde se proxectan dúas plantas, aínda que a súa altura total é inferior á das zonas de actividade industrial. A cuberta resólvese en cada corpo, lixeira tipo deck, a dúas augas. Na zona de oficinas é plana tipo investida. O edificio desenvólvese en tres grandes naves encostadas entre sí para aloxamento das cámaras frigoríficas ao redor das cales se van articulando o resto de edificacións, dependendo das necesidades de uso de cada zona específicas, nunha serie de volumes con distinta altura, todos sobre rasante e dunha única planta, excepto nas oficinas onde hai dúas. En conxunto é un edificio illado. A cuberta é lixeira a dúas augas na zona industrial e plana investida sobre as oficinas. Os cerramentos son de panel prefabricado de formigón, en tonalidades claras de espesor adecuado acorde coa eficiencia enerxética do edificio.
O total da superficie útil de planta baixa é 8952.44 m2, o total superficie útil de planta alta é 825.60 m2 e o total de superficie construída 12599.24 m2.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS