lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasLouriñaO proxecto de eliminación do paso a nivel no Porriño estará listo...

O proxecto de eliminación do paso a nivel no Porriño estará listo a comezos de 2022

A alcaldesa do Porriño, Eva García vén de reunirse esta mañá en Madrid, coa directora xeral de Planificación Estratéxica e Proxectos do ADIF, Maria Luisa Domínguez

Eva García, alcaldesa do Porriño:

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias agarda que no prazo máximo de dez días rematen as catas xeotécnicas que están a realizar as empresas GOC e Prointec para determinar as características do chan. Coas conclusións dos traballos de sondaxes, acometerán a redacción do proxecto de construción coa alternativa que os técnicos elixan para soterrar a vía férrea e poñer en valor os terreos que se liberaran coa supresión do paso a nivel. Segundo o contrato que ADIF subscribiu con esas empresas, dispoñen dun prazo de 16 meses para entregar o proxecto, prazo que comezou a contar en novembro do ano pasado.
Esta información foi trasladada por Maria Luisa Domínguez, directora xeral de Planificación Estratéxica e Proxectos do ADIF á alcaldesa Eva García na reunión celebrada esta mañá na sede dese organismo en Madrid. Na reunión tamén participaron Miguel Angel Leor, Juan Carlos Monge e Luis Vicente Moreno, tamén directivos do ADIF.

Fondos da Unión Europea

A terceira cuestión que se abordou na reunión entre a alcaldesa do Porriño e os directivos de ADIF, é a consecución de fondos “Next Generation” da Unión Europea para o financiamento das obras. Eva García amosouse esperanzada polas expectativas que lle trasladaron os directivos do ADIF.

“Saímos moi satisfeitos porque vemos que o proxecto avanza e que ademais xa está enriba da mesa o financiamento para a súa execución”, manifestou Eva García. A alcaldesa asegurou que “o Concello do Porriño vai seguir pelexando para que se faga realidade”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS