lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsActualidadeAmplíase a oferta de FP en todas as familias profesionais e áreas...

Amplíase a oferta de FP en todas as familias profesionais e áreas territoriais

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP detalla no Centro Integrado de FP Compostela as novidades da oferta por comarcas e especialidades para o vindeiro curso

Román Rodríguez presenta unha oferta “ampla, variada e de calidade” con 46.714 prazas de novo ingreso froito do diálogo co sistema socioeconómico. As prazas medran en 24 das 25 familias profesionais que se poden cursar en Galicia, con incrementos que superan o 20% en catro delas e o 10% noutras 11. As familias de Informática e comunicacións, Hostalaría e turismo e Comercio e márketing suman máis 400 prazas de crecemento con respecto ao actual curso.

O titular de Educación asegura que “todo aquel que o desexe, pode atopar un oco na FP, cunha formación case á carta que se adapta ás necesidades de cada persoa”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS