jueves, septiembre 19, 2024
InicioNewsComarcasO Festival de Cans encheu os hoteis da Louriña e bateu récord...

O Festival de Cans encheu os hoteis da Louriña e bateu récord de contratacións

A XXI edición do Festival de Cans, que rematou a pasada fin de semana, bateu o seu récord de creación de emprego, ao chegar ás 155 altas laborais. Esta cifra supera en máis dun 2,5% as contratación da pasada edición, na que o Festival xa dera un gran salto na contratación ao pasar de 134 a 151 altas laborais.

Das 155 contratacións rexistradas nesta edición, 75 delas foron de empregos directos relacionados coas áreas de produción, merchandising, transporte de convidados e traballo en barras, 20 foron de servizos especializados de autónomos en áreas como deseño gráfico, fotografía, vídeo, comunicación, redes sociais ou programación de contidos e 60 de contratacións relacionadas con empresas que prestaron servizos durante os cinco días deste certame polo que pasaron máis de 12.000 persoas.

A maioría das persoas contratadas pertencen ao municipio do Porriño, das cales 15 persoas son da propia aldea de Cans, entre elas numerosas mozas e mozos aos que o festival lles deu a oportunidade de asinar o seu primeiro contrato laboral. Outra parte das contratacións procede de concellos limítrofes como Mos, Salceda de Caselas, Redondela ou Ponteareas.A celebración do festival tamén xerou unha ocupación hoteleira do 100% en toda a comarca. Malia a chuvia anunciada para o sábado, día grande do festival, moitos hoteis xa tiñan o cartel de completo desde semanas antes e o público non fallou. O certame bateu tamén este ano o récord de pernoctas contratadas para organización e convidados, chegando a sumar 207 habitacións nos cinco días de festival. A alta demanda obrigou a completar prazas hoteleiras en establecementos de zonas limítrofes como Tui ou Vigo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS