Durante unha visita ao Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia no Porriño, acompañado da conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, e do alcalde da localidade, Alejandro Lorenzo, o presidente fixo fincapé na revolución que está a vivir a automoción coa chegada do vehículo eléctrico e a aposta por unha mobilidade máis sustentable.
Rueda resaltou que “Galicia é un referente nacional na automoción, e agora, tamén na mobilidade do futuro. É un orgullo que a excelencia, a preparación e a innovación do CTAG se sitúe no Porriño e que, desde aquí, se exporte a todo o mundo”.
Nova inxección de 18 millóns de euros para as empresas auxiliares de automoción
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o apoio da Xunta á automoción galega con esta nova liña de subvencións para ás empresas auxiliares no proceso de transformación que atravesa o sector