O alcalde avanzoulles a deportistas e persoal técnico dos clubs que o goberno municipal prevé construír un novo pavillón deportivo especializado que sirva como sede para a práctica da ximnasia na cidade en todas as súas diferentes especialidades.
Parque acuático termal
O rexedor explicou tamén que o polideportivo do Campo da Feira, onde estes equipos adestran na actualidade, destinarase a parque acuático termal. Porén, advertiu que o Concello coordinará os prazos de execución de ambos os dous proxectos para que o novo pavillón estea dispoñible antes de acometer as obras no polideportivo do Campo da Feira.