O xamón da Cañiza estivo presente durante esta fin de semana en FESTUR, na 10ª edición da Feira de Festas de Interese Turístico de Galicia
Durante os catro días de celebración do certame, centos de persoas achegáronse ata a stand da Cañiza para coñecer máis polo miudo a nosa feira máis coñecida e saborear o mellor produto da gastronomía cañicense, o xamón. Así o corroboraron os visitantes que nos acompañaron durante todas as xornadas e que non dubidaron en eloxiar a exquisitez e o especial sabor do xamón da Cañiza.
Tamén neste certame o Concello aproveitou para dar a coñecer o turismo, todas as guías de sendeiros e a boa gastronomía que completa a oferta turística cañicense. Ademais presentaron tamén o “Verán de Lecer”, a completa guía con toda a programación cultural e deportiva preparada para este verán e que se inaugurou o sábado 1 de xuño coa celebración do Campionato Galego de Aeromodelismo na modalidade F3F 2024.
O alcalde, Luis Piña, presentou un ano máis a única Feira gastronómica de Galicia que se adica ao xamón.
No mesmo acto tamén se ofreceu unha degustación do xamón e invitou a todos o presentes a achegarse ata a Cañiza o vindeiro 15 de agosto para asistir á celebración da 58 edición da Feira do Xamón e tamén na temporada de frío a probar os afamados cocidos cañicenses.
Nesta xornada, o alcalde tamén visitou aos empresarios e profesionais da Cañiza que estiveron presentes na Feira Internacional da Semana Verde, promocionando as súas actividades.