viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsComarcasVoluntarios axudan a limpar o lixo na contorna do río Perral, en...

Voluntarios axudan a limpar o lixo na contorna do río Perral, en Mos

A Xunta de Galicia colabora un ano máis coa campaña 1m2 contra a basuraleza, unha iniciativa que este ano cumpre a súa oitava edición co obxectivo de contribuír a loitar contra a presenza de lixo na natureza e sensibilizar á cidadanía sobre este problema medioambiental.

O director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, Ramón Boga, acompañado de Bruno de Llano, especialista en xestión local de Ecoembes en Galicia, participou en Mos nunha das accións colaborativas de limpeza convocadas o pasado sábado en todo o país con motivo da celebración do Día mundial do medio ambiente, o vindeiro 5 de xuño.

Nesta ocasión, máis de mil voluntarios galegos colaboraron nas 70 recollidas de lixo organizadas en diferentes quendas en toda Galicia. Concretamente, fixáronse 28 puntos na provincia da Coruña, 3 na de Lugo, 14 en Ourense e 25 en Pontevedra, incluída a que organizou o Concello de Mos ás 10,00 horas para limpar a contorna do río Perral.

Con este tipo de campañas de sensibilización e mobilización social a través de accións de voluntariado contribúese a eliminar dos espazos naturais todo tipo de residuos, como poden ser cabichas, pneumáticos, envases plásticos e outros refugallos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS