viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsActualidadeOs familiares colaterais non terán que pagar o imposto de sucesións nas...

Os familiares colaterais non terán que pagar o imposto de sucesións nas herdanzas de ata 25.000 euros

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, vén de anunciar que a Xunta vai continuar reducindo a tributación das herdanzas entre parentes, tal e como se comprometou a facer durante os primeiros 100 días de Goberno.

O titular do executivo autonómico indicou que para elo vaise modificar a normativa. Deste xeito estarán exentos de impostos os legados de ata ese importe entre irmáns, tíos,
sobriños, sogros, cuñados, xenros e noras. Rueda fixo fincapé en que tras esta nova modificación “Galicia vai ser a cuarta comunidade” con menos impostos para os parentes colaterais.

Alfonso Rueda:

Ata agora, tal e como explicou o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, os irmáns non tiñan que pagar nada se a herdanza era de como máximo 16.000 euros e o resto de familiares colaterais, nos legados de ata 8.000 euros. Coa esta modificación, dunha banda vaise unificar a redución con independencia do
parentesco que se ten respecto á persoa falecida, de xeito que a redución sexa do
mesmo importe xa esteamos ante unha sucesión a unha irmá ou a unha sobriña, por
exemplo. E, por outra banda, vaise incrementar a redución ata os 25.000 euros, o que
supoñerá unha diminución, para os irmáns, dun 56% e para o resto dos parentes dese
grupo de case un 213%.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS