sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsSucesosDetidas tres persoas por furtivismo en Poio

Detidas tres persoas por furtivismo en Poio

Trátase de tres veciños de Poio de 24, 35 e 36 años, que supostamente se dedican de forma habitual a esta actividade ilegal.

A investigación deu comezo a raíz das reunións mantidas por axentes do Seprona de Vigo e Porriño cos responsables das confrarías e as denuncias presentadas por estes, onde se recollían ameazas por parte dos furtivos e do prexuízo económico que lles causaba esta actividade ilegal, dado o elevado volume de marisco extraído ilicitamente.
Identifícanse varios vehículos usados polos presuntos furtivos, así como os ocupantes dos mesmos. Do mesmo xeito, interceptáronse produtos en varios controis ao longo de dos meses de febreiro e marzo, a última de 7,15 quilos de ameixa na praia Canteira.
Froito da complexa investigación levada a cabo, procedeuse finalmente á detención dos supostos autores, que quedaron en liberdade en sede policial e as dilixencias instruídas entregadas no Xulgado de Garda de Redondela.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS