sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoMáis horas de enoloxía e lecer na XXXII Feira do Viño do...

Máis horas de enoloxía e lecer na XXXII Feira do Viño do Rosal

A Praza do Calvario será do 12 ao 14 de xullo un grande escaparate no que gozar de xeito lúdico do valor dos caldos elaborados polas bodegas DO Rías Baixas Subzona do Rosal

A Feira do Viño do Rosal prepárase para celebrar a súa 32 edición cunha morea de actividades para todos os públicos e con máis horas que nunca. Do 12 ao 14 de xullo a Praza do Calvario aglutinará boa parte da actividade dunha feira que de novo maridará a enoloxía coa música, actividades para desfrutar en familia, exposicións e actividades didácticas, gastronomía e moita diversión co sector vitivinícola como eixo central.

Como novidade, a feira abrirá as súas portas o venres 12 de xullo cun acto inaugural que se celebrará ao mediodía na propia Praza do Calvario e que dará o pistoletazo de saída a tres días cunha morea de actividades programadas e dirixidas a todos os públicos. Xunto a concertos, actividades para nenos e nenas e outra relacionadas cos viños, este ano cobrará especial relevancia o escape room que se celebrará no Calvario ao abeiro do proxecto Eureka Reto Rural, unha iniciativa de EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño que busca ofrecer experiencias turísticas diferenciais coas que ir descubrindo os segredos do territorio

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS