Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 58 persoas debido a 48 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 59% e do 41% respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 33% dos atendidos tiña entre 35 e 49 anos.
En 46 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto. Este último caso tratouse dun motorista que se saíu da vía, na AP-9 en Vigo, ao parecer por mor dun animal que apareceu morto tamén na vía.
Por provincias, A Coruña foi a que máis sinistros rexistrou con 21 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas, seguida de Pontevedra con 20, en Lugo houbo sete e ningún en Ourense.