A vicepresidenta terceira do Goberno e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, tivo que cancelar a súa axenda este mércores por motivos de saúde. O médico prescribiulle parar cando está inmersa na negociación, até agora infrutuosa, da prórroga dos ERTE vinculados a pandemia da COVID-19.
Yolanda Díaz:
Longas xornadas de traballo e estrés estarían detrás desa necesidade de parar.
A ministra galega de Unidas Podemos non asistiu hoxe ao Congreso dos Deputados, onde debía responder as preguntas da sesión de control ao Goberno, que foron aprazadas, nin á clausura dunha xornada sobre proxectos desenvolvidos no marco da fundación do metal para a formación.
Anunciou a súa indisposición na súa cuenta de Twitter este mércores: «Tiña unha intensa xornada de traballo que o médico lle prescribiu cancelar por motivos de saúde». «Hai días en que o noso corpo nos esixe parar e que nos coidemos para poder seguir. Espero recuperarme pronto con toda a forza», manifestou a ministra.
Esta cancelación prodúcese despois de que Díaz participara na negociación da prórroga dos ERTE, infrutuosa polo de agora, a pesar de prolongarse durante a noite.
As exoneracións, que discrepan en porcentaxe patronal e Goberno, son un dos principais puntos de desencontro.
As actuais condicións dos ERTES rematarán o próximo 31 de maio e o Goberno quere acordar a súa ampliación ata o 30 de setembro pero con condicións distintas ás agora vixentes.