lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasLouriñaAs arcas municipais do Porriño suman preto dun millón de euros

As arcas municipais do Porriño suman preto dun millón de euros

É o resultado da sinatura da venda dunha parcela municipal a unha empresa para a construción dunha fábrica de envases metálicos en Budiño

Eva García, alcaldesa do Porriño, asinou este mediodía con Enrique Mastral, director xeral da empresa MassilIy Ibérica Iberembal, a operación de compra venda dunha parcela municipal que a industria navarra adquire para construír unha fábrica no termo municipal.
O predio ten 13.335 metros cadrados de superficie dos que 10.668 son edificables con fins industriais. Localízase no PPI 7, na parroquia de Budiño. A firma compradora vai construír unha factoría de envases metálicos para conservas alimenticias. Mastral manifestou que “temos en marcha un importante proxecto de futuro para o seu desenvolvemento nos mercados de Galicia e Portugal”
Iberembal foi a única empresa que presentou plica no prazo de presentación de ofertas que o Concello do Porriño convocara e que rematou en decembro de 2020.
A operación é por un importe de 960.000 euros (máis IVE) o que suporá un ingreso moi importante para a tesouraría municipal que “se destinará a diversos investimentos no concello para a mellora da calidade de vida da veciñanza”, manifestou a rexedora local ao remate da sinatura.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS