lunes, noviembre 25, 2024
InicioActualidadeCulturaConexións en directo cos parques naturais galegos desde Silleda

Conexións en directo cos parques naturais galegos desde Silleda

A Xunta dá a coñecer a riqueza ambiental destes espazos desde o expositor que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático ten á disposición dos visitantes da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia

Durante a súa visita ao recinto feiral, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, acompañou ao alumnado do Colexio Plurilingüe María Inmaculada de Silleda durante a conexión que se realizou co Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, na que unha axente ambiental respondeu todas as preguntas e dúbidas da rapazada sobre este espazo protexido.

Segundo explicou Ángeles Vázquez, os visitantes da feira poderán interactuar con persoal dos espazos protexidos de Galicia nas sesións que se levarán a cabo ata o próximo domingo desde as 11.00 e ata as 19.30 horas.

As conexións iranse alternando entre o parque nacional e os seis naturais cos que conta a Comunidade – Baixa Limia-Serra do Xurés, Fragas do Eume, O Invernadeiro, Serra da Enciña da Lastra, Monte Aloia e Complexo dunar de Corrubedo e lagos de Carregal e Vixán-.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS