viernes, noviembre 22, 2024
InicioActualidadeSanidadeO Sergas incorpora 33 novos investigadores

O Sergas incorpora 33 novos investigadores

O conselleiro de Sanidade, acompañado do xerente do Servizo Galego de Saúde, e do xerente da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde, felicitou a estes profesionais seleccionados en distintos programas de investigación moi competitivos

Antonio Gómez Caamaño, deu a benvida aos 33 novos investigadores que se incorporan aos centros de investigación do Servizo Galego de Saúde.

Na súa intervención, Gómez Caamaño trasladou a máxima vontade de colaboración e apoio da Xunta ao traballo destes investigadores, con medidas que permitan desenvolver a súa actividade nas mellores condicións.

A tal efecto, lembrou que Galicia conta con tres institutos públicos de investigación sanitaria que, aproveitando as sinerxías entre os complexos hospitalarios e as universidades, impulsan, promoven e fomentan a investigación de excelencia e obteñen magníficos resultados que derivan en grandes éxitos en saúde.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS