lunes, noviembre 25, 2024
InicioComarcasLouriñaUnha senda unirá o IES Pedras Rubias co centro de Salceda este...

Unha senda unirá o IES Pedras Rubias co centro de Salceda este ano

A Xunta inviste máis de 900.000 euros nesta mellora da mobilidades peonil e ciclista.

Antes de que remate o ano os veciños e veciñas de Salceda e o alumnado que cada día se achega ao IES Pedras Rubias verán mellorada a seguridade viaria e a mobilidade peonil e ciclista da estrada PO-411 grazas a unha nova senda que unirá o instituto, ubicado na parroquia de Parderrubias, co centro urbano de Salceda.

A Conselleira de Mobilidade e Infraestruturas, Ethel Vázquez, visitou hoxe as obras, que comenzaron fai dúas semanas e teñen un prazo de execución de 6 meses. O resultado das mesmas será itinerario peonil e ciclista de 2 kilómetros de lonxitude, cun ancho que oscilará entre os 1,8 e os 2,3 metros, en función do espazo disponible ao carón da estrada. A senda executaráse en tres treitos, que irán alterándose por ambas marxes da vía.

A alcaldesa de vila, Loli Castiñeira, acompañou á conselleira na supervisión dos traballos e agradeceu á Xunta a inclusión desde proxecto, no que o goberno galego inviste máis de 900.000 euros, no Plan de Sendas da Comarca de Vigo.

Ademáis, Ethel Vázquez aproveitou a súa visita a Salceda para informar de que os menores de 21 anos de Salceda xa poden viaxar de balde aos 313 concellos de Galicia coa tarxeta Xente Nova.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS