sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsO PaísA Semana Verde de Silleda mostra o potencial do rural galego

A Semana Verde de Silleda mostra o potencial do rural galego

Arranca a 46ª Feira internacional Abanca Semana Verde con 746 expositores directos de seis países, aos que se suman 340 firmas representadas, que supoñen a mellor cifra en 17 anos e inclúen récords en turismo e alimentación

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou no acto inaugural esta feira como unha mostra da potencia e das oportunidades de futuro do rural en Galicia.

O titular do Executivo galego puxo en valor o carácter rural de Galicia, e o seu liderado en produtos co selo de Galicia Calidade. Así, considerou que é preciso seguir tomando iniciativas para garantir o futuro de agricultores e gandeiros, como está a facer o Goberno galego con propostas como as leis para estruturar o sector, as estratexias específicas para o leite, a carne ou o viño; ou as liñas de axudas para a profesionalización e remuda xeracional.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS