sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsActualidadeAs rúas de Redondela vístense de arte efímera

As rúas de Redondela vístense de arte efímera

A vila dos viadutos vive hoxe o seu día festivo do Corpus

Cun recendo particular e multitude de cores amenceron este xoves as rúas de Redondela. Foi o froito dunha noite chea de traballo, a primera de confección de alfombras florais con motivo da Festa da Coca, que terá a súa continuidade na noite do sábado para o domingo, cando volverán a realizarse estes tapices nas rúas de Vilavella.

Visualiza a galería de fotos para contemplar a fermosura desta arte efímera, da que tamén poderemos gozar esta fin de semana nas localidades de Ponteareas, Gondomar ou Porriño, entre outras.

A Festa da Coca non fixo máis que comezar, quedan por diante catro días enteiros de moita música e actividades culturais, nas que non faltarán o desfile da Coca cos mordomos e diañiños e o baile da danza das espadas e as penlas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS