No 112 Galicia tívose constancia do suceso cinco minutos despois das 11 horas, a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061: un autobús atropelara a un xinete no quilómetro 143 da N-550, en Redondela.
Mentres que no vehículo ninguén resultou ferido, o atropelado tivo que ser atendido polo persoal sanitario e evacuado en ambulancia a un centro hospitalario.
Neste operativo tamén colaboraron a Garda Civil de Tráfico e os operarios do servizo de conservación da estrada.