Para este acometido o goberno provincial ten reservado un investimento de 960.000 euros co que atender unha demanda histórica da veciñanza deste municipio.
Nun encontro de traballo no despacho presidencial do Pazo Provincial, ambos os dirixentes repasaron outros investimentos previstos pola Deputación neste Concello e abordaron asuntos de interese mutuo para as dúas administracións. Neste sentido, o titular do executivo provincial informou ao rexedor da aprobación na vindeira Xunta de Goberno deste venres da aprobación dunha subvención de 121.800 euros enmarcada na Liña 1 de Investimentos do +Provincia para facer realidade a rehabilitación dunha vivenda social en Pousiño.
Escoitamos a ámbolos dous dirixentes: