Un gran abano de actos e actividades que segundo avanzou Luis Piña “temos o pracer de presentar, tras varios meses de traballo nos que seleccionamos os mellores espectáculos, actuacións e eventos culturais e deportivos que queremos compartir cos nosos veciños e visitantes para gozar dos días de verán que nos agardan”.
O Concello estrea o seu Plan Cultural e Deportivo este fin de semana coa celebración do Campionato Galego de Aeromodelismo, na modalidade de F3F. Un evento deportivo organizado polo Clube Vuelo a Vela Fontefría, aberto a todas as persoas que queiran desfrutar dos plaenadores sen motor e que marca o inicio do verán na Cañiza.
VERÁN CULTURAL E DEPORTIVO: CONTIDOS
«Planificamos un completo calendario de actividades e campionatos no que teñen cabida o Pump Track que celebrará o II Gran Premio da Cañiza este 15 de xuño. Unha disciplina recentemente estreada no noso municipio tras a apertura das pistas de Skatepart e pum-track da rúa Silleda» adiantaba o alcalde. Súmanse tamén andainas, Paintball, exhibicións das escolas de patinaxe da Cañiza e de Valeixe, torneos de fútbol e de balonmán, exhibición de Taekwondo, rutas en bicicleta, máis aeromodelismo, xuntanzas moteiras, cros populares e ciclismo BTT.
Como evento deportivo de carácter nacional, o alcalde anunciou que este ano o día 27 de agosto pasará pola Cañiza a VOLTA CICLISTA A ESPAÑA, con festa na Praza Maior e agasallos para os asistentes ás 12h da mañá.
O verán cultural contará tamén co campamento urbano que se desenvolverá durante o mes de xullo, o XI Campus Deportivo do CF Cañiza e o IX Campus Deportivo do Balonmán Cañiza.
Estes eventos deportivos combinaranse co concerto dos alumnos da Escola de Música e concertos de música clásica, cinema ao aire libre, karaokes, exposicións de pintura e escultura, correbares e festivais folclóricos, festas infantís, inchables, actuacións musicais, batallas de RAP (pelexa de Galos), noites de humor, maxia, circo aéreo e teatro para todos os públicos. Sen esquencer a Procesión do Santísimo Cristo da Agonía da Cañiza o 1º domingo de xullo e a Sardiñada popular do 18 de agosto na Carballeira do Cacharado.
Este é o caso do entroido de verán organizado polo Balonmán Cañiza, a Festa do Cristo da Agonía, a Celebración do Curro do Pedroso, as exhibicións dos equipos de Patinaxe de Valeixe e da Cañiza, os Campus deportivos do CF Cañiza e do balonmán e como novidade este ano a organización por parte da Comisión de Festas de Oroso dun campionato de Fútbol baixo o lema “Pachanga na Rúa” que está inspirado no xogo da Play Station “Fifa Street”.