sábado, noviembre 23, 2024
InicioNewsComarcasO Porriño sae á rúa para visibilizar o Día Mundial Sen Tabaco

O Porriño sae á rúa para visibilizar o Día Mundial Sen Tabaco

O 31 de maio o Concello de Porriño en colaboración co Centro de Saúde e a AECC

O Concello do Porriño, en colaboración co Centro de Saúde e a AECC do Porriño, organizan un acto aberto ao público na praza do Arquitecto Antonio Palacios para informar e concienciar á veciñanza sobre tódolos perxuizos do tabaquismo, e intentar deste xeito reducir a taxa de consumo.


Desde a Concellería de Sanidade, enviouse material de divulgación a asociacións culturais,
entidades sociais, IES e CPRs do municipio, e organizáronse unha serie de actividades lúdicas que terán lugar mañá venres 31 de maio, Día Mundial Sen Tabaco, ao longo da mañá na praza do Arquitecto Antonio Palacios. Con estas iniciativas preténdese concienciar á mocidade e adultos dos perigos do tabaco para a saúde propia e das persoas que as rodean e poñer en valor os hábitos saudables. O obxectivo é reducir tanto o inicio no consumo de tabaco, como axudar aos fumadores/as a deixar de fumar.


Na páxina web ecultura.net do Concello do Porriño pódese atopar máis información e varias
guías descargables sobre mitos e ferramentas en formato pdf.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS