O acto, no que se destacou os 40 anos que Miguel García estivo na estación meteorolóxica, contou con numeroso público, entre eles o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o director do centro, Aurelio Rodríguez e Amancio Nóvoa, inspector xefe de Educación.
Todos eles coincidiron na importancia que ten a estación e os datos recollidos polo Premio Nacional de Metereoloxía, Miguel García, de gran utilidade para o Carballiño e comarca.