viernes, noviembre 22, 2024
InicioActualidadeEducaciónA FP galega terá a oferta máis alta da súa historia no...

A FP galega terá a oferta máis alta da súa historia no vindeiro curso

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou a aposta do Goberno galego por promover a Formación Profesional ao ampliar, un ano mais, a oferta de prazas cara ao vindeiro curso 2024-2025

Durante a inauguración do I Congreso de Mobilidade Sustentable en Medios de Transporte- FP Galega que se celebra en Vilagarcía de Arousa, Rueda adiantou que o Consello da Xunta aprobará o luns a oferta de FP para o novo ano académico que será a máis alta da súa historia.

O obxectivo é ofrecer estudos especializados e adaptados ás necesidades do territorio e o tecido empresarial galego para garantir a inserción laboral das persoas que opten por estas ensinanzas. Así, ofreceranse 24 títulos especializados, 13 deles de nova implantación.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS